domingo, 1 de noviembre de 2009

AS BURGAS

Hai moitos, moitos anos vivía nun lugar cerca de Ourense, chamado Rivadavia, un mago. Este mago curaba a xente e axudábaos cuando tiñan problemas. Tamén ían os nenos/as mentirosos para que comenzaran a dicir a verdade. A súa maxia podía curar case que todo, pero, non podía axudarse a si mesmo, esa era a única condición dos poderes que posuía.
Un día o mago comenzou a encontrarse mal e o pouco tempo enfermou. Estaba tan enfermo que non podía moverse e nin sequera pedir axuda. Un mozote, chamado Pedro, que pasaba por onde vivía el, viuno enfermo e enseguida foi a axudalo. Correu a casa do doutor e levouno ata o mago. Gracias a Pedro o mago sanou e púxose ben. Desde aquel día sempre xogaban xuntos ó pilla pilla, á pelota, e a un montón de xogos máis, convertíronse nos millor amigos que había en Rivadavia.
Todo esto era moi bonito, pero en Rivadavia vivía unha meiga. Era unha meiga mala, porque tamén hai algunha boa. Pois esta bruxa, estaba namorada de Pedro, desde que o vira gustáralle e quería casar con el. Un día a meiga díxolle a Pedro:
- Ola Pedro, ti non sabrás quen son, mais eu sei quen eres ti. Son unha bruxa e quería preguntarche se che gustaría casar comigo.
- Sintoo meiga, mais non podo casar contigo porque estou namorado de outra persoa, ademáis ti eres malvada e perigosa, e eu nunca podería casar con alguén así.
Sen decir unha palabra máis a bruxa enfadouse moito e foi tal o enfado que convertiu ó mozo Pedro nunha moeda. O mago o enterarse do acontecido púxose moi triste, e chorou moito. Pero en lugar de quedarse na casa foi xunto o mozo Pedro, ou millor dito a moeda Pedro e intentou curalo. O mago intentouno e intentouno, pero por máis que o intentou non conseguiu salvalo. Foi entón cando se lle ocorriu chamar ós deuses para que lle dixeran como podía curar ó seu amigo.
-As augas quentes que van camiño a Rivadavia, terás que desvialas a Ourense. E alí onde salgan hacia a superficie terás que tirar a moeda. Así será como o teu amigo Pedro quedará desenfeitizado.

Así foi como fixo o mago. Según botou a moeda Pedro á auga das Burgas convertiuse en mozo. Desde aquel día o mago e Pedro decidiron que construirían unha balsa e subirían e baixarían polo Miño abaixo para seguir axudando á xente.




















SAN MARTIÑO

Hai moito, moito tempo, vivía un rei. Este rei era moi bo coas xentes e con todos os seus amigos, sobre todo co seu millor amigo: O PATO PATARECO. Un día o Pato Patareco enfermou de comer moitos pasteis, caramelo... e o seu amigo rei non sabía que facer. Pensou e pensou e deuse conta de que había un santo. Este santo vivía no bosque e era medio santo medio duende, chamábase Martiño. O saber que o Pato Patareco estaba mal quixo curalo e para iso mandoulle unha caixa ó rei. ¿Qué podía haber na caixa?. Un montón de cousas...un collar máxico, unha herbiña...Pero o único que había na caixa era un papel, con unhas instruccións:
-Se a súa maxestade quere curar ó Pato Patareco, o único que ten que facer é FACERLLE CÓXEGAS

Así foi o que lle fixo o rei e como se curou o Pato Patareco, como gratitude do rei hacia o duende San Martiño, construiu unha catedral que é esta que vedes aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario