domingo, 1 de noviembre de 2009

IMOS Ó BOSQUE

MATERIAL: Ningún
Este conto comeza cando todos estamos durmidos: “haber como durmimos todos” (os alumnos fan como se durmiran. O monitor fai un roquido e escenifica como si se despertara. Ós alumnos de entre 3 e 6 rinse moito con esta parte) de repente canta o galo “kikiriki” (fan como si se despertaran e estíranse) logo lavan a cara, síguelle o almorzo, que para elo teñen que munguir a vaquiña, beben o vaso de leite, cepillan os dentes, peiteanse e vistense. (a cada acción corresponderalle un son diferente).
A segunda parte comeza agarrandose todos na bici, (para elo escinificarémolo como cando nos agarramos ó manillar da bici) curva para a direita (torcemos o corpo lixeiramente para ese lado) curva para aquí (igual ó anterior) unha baixada (igual pero inclinamos hacia abaixo) unha subida, un bache piticlín, un pinchazo pissss, pómoslle o parche (damos unha palmada) inflamos a roda ( facemos o ruido e xesto como se a hincháramos).
A terceira parte comeza: agora xa estamos no bosque, e sabedes que hai alí...pois hai árbores, estas árbores son máxicas porque cando alguén se encontra mal e lle doe a barriguiña, ou a cabeza, ou calquera cousa o único que ten que facer é abrazar unha árbore. Así cando vos ou os vosos pais, irmáns, ou un amigo se encontre mal decídelle que abrace unha árbore, e senon hai ningunha cerca dádelle vos unha aperta.
Pero como hai que coidar as árbores imos plantar unha: facemos un buraco (escenifican o facer un buraco) collemos unha semente pómola no buraco, tapámola ben tapada ( a vez batimos as palmas coas pernas para facer o son como se tapáramos) e agora regámola (como se colléramos unha regadeira e o regáramos), haber como medran esas árbores (suben os brazos facendo estes de copa da árbore), haber como se move co vento (moven os brazos) haber como sopra ese vento ( soplan como se fora o vento).
As árbores son moi importantes porque dannos sombra para durmir unha siesta, haber como durmimos esa siesta...despertámonos e como temos algo de calor, imos quitar a roupiña e imos nadar ó río. Nadamos un pouco cara adiante e un pouco cara...(normalmente os nenos de entre 3 e 6 contestan) atrás (escenifican como se estiveran nadando). E agora que nadamos moito e fixemos moitas cousas a min nenos entroume a fame ¿e a vos?...pois outra cousa que nos dan as árbores son...unha mazá ñam, unha pera ñam, unha cereixa ñam (a vez que se fai o xesto como si se collera o froito dunha árbore dise ñam) unha noz ( os nenos van decir ñam pero é entón cuando intervimos nos) non, non toc toc toc ñam (facemos como se rompéramos a cáscara para comela). Outras cousas que hai que comer son unha leituguiña ñam (o monitor colle a cabeza dun neno/a e fai como se a arrincara para comela) unha pataca...
E agora imos voltar o “cole “ para seguir contando contos. Collemos a “bici” e curva para aquí...(igual ó camiño para o bosque)

No hay comentarios:

Publicar un comentario