domingo, 1 de noviembre de 2009

OS TRES IRMÁNS E O VELLO SABIO

Nunha casa que estaba chantada ó pé dun bulleiro, vivían tres irmáns co seu pai. Todo o mundo sabe o malo que é vivir pegado a un bulleiro: del veñen moitos contratempos e ningunha alegría.

Pasou o tempo e o pai que estaba morrendo, chamou ós séus fillos e díxolles: -Escoitade, rapaces. Debedes de mudarvos deste sitio. O bulleiro tróuxonos desgracias e doenzas. Construíde unha casa nalgún lugar da encosta da montaña, e vivide alí o mellor que poidades; pero denantes de vos poñer a traballar nela pedídelle consello ó vello sabio que vive no bosque.

O tempo pasaba e os tres irmáns comprenderon que seu pai tiña razón. Era preciso que deixasen o bulleiro. Estiveron falanado e acordaron que o irmán maior fose ó bosque e lle preguntase ó vello sabio se debían de irse ou non.
O irmán maior saiu na procura do vello sabio. Ía con moita inquedanza. Pensaba: <<¿E se nos fose peor no novo lugar?>>

Chegou a onde estaba o vello sabio e preguntoulle:

-¿Qué debemos facer?¿Será malo que nos vaiamos do bulleiro e ergamos unha casa na encosta da montaña?¿Qué me aconsellas?

-Malo- respondeu o vello sen deixar o traballo que estaba facendo.

O irmán maior non preguntou máis: baixou a cabeza e volveu á súa casa moi triste.

Ó chegar díxolles a seus irmáns cal tiña sido a resposta do vello.

-¿Falácheslle de todas as nosas calamidades?-dixo o irmán que os seguía-. Vou ir eu a explicarlle ó vello como vivimos.

E foise ó bosque.
-Dime, vello sabio –dixo o segundo irmán-. Non temos forzas para seguir vivindo ó pé do bulleiro. Non nos trae máis que desgracias e enfermidades. ¿Coidas que debemos irnos dalí? ¿Sería malo que erquésemos unha casa na encosta da montaña?

-Malo-voltou a responder o vello.

O segundo irmán volveu á sua casa, tristeiro e coa cabeza baixa. Seus irmáns escoitaron calados o que lle tiña dito o vello.

-Polo que vexo-apuxo o irán máis novo -, terei que ir eu falar co vello sabio.

E foise ó bosque.
Ó chegar o irmán máis novo sentouso ó pé do vello e díxolle:

-¡Ouh, vello sabio! Denantes de morrer, o noso pai díxonos que nos alonxásemos do bulleiro onde só nos agardaban doenzas e desgracias. ¿Sería bo que erquéseomos unha casa na encosta da montaña? ¿Qué nos aconsellas?-preguntoulle.

-Sería moi bo, meu fillo-respondeu o vello.

Ó irmán máis novo entroulle tal contendenza que sentía coma se lle tivesen saído azas. Deulle as gracias ó vello e foise correndo á casa, onde o agardaban, desacougados seus irmáns.

-¡Irmáns! –berrou-. O vello sabio díxome que sería bo que erquésemos a casa na encosta da montaña. Seus irmáns ficaron aloleados.

-¿Cómo é eso? –preguntaron-. ¿É que fixo burla de nós?
E os tres foron ó bosque

-Ou, vello sabio-dixo o irmán maior-. ¿Acaso fas burla de nós?¿Por qué a nós os dous nos dixeches que sería malo que erguésemos a casa na encosta da montaña, e ó noso irmán máis novo dixécheslle que sería bo?

-¡Eu non tentei facer burl de vós!-dixo o vello-. Preguntástesme: <<¿Sería malo que erguésemos unha casa na encosta da montaña?>> E o voso irmán máis novo preguntoume: <> E eu respondinlle: <>. Respondinlle dese xeito porque el comenzou polo bo e vól polo malo. ¿Ou coidades que pode marchar ben un traballo que empeza con medo e pensando no malo? Cómpre pensar sempre no bo-engadiu o vello.

Os tres irmáns déronlle as gracias por tan sabio consello e fóronse xuntos a construír a nova casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario