domingo, 1 de noviembre de 2009

O MELLOR E O PEOR

Houbo nunha época na que reinaba en todo o mundo o poderoso amo Obatalá. Era sabio e intelixente e non precisaba axudante algún. Pero Obatalá decidiu buscar a alguén que puidese gobernar a terra no seu lugar.
Pensou en Orula. Era de confiar, anque moi xove, e esto quería dicir que non tiña madurecido para gobernar a terra e dirixir ós homes.
<>, pensopu Obatalá <>.
Obatalá mandou buscar a Orula e díxolle:

-Quérote probar. Cumpre o meu degoxo: traime algo de comer sexa cocido ou asado; pero ten en conta que esa comida ha de estar feita co mellor que haxa no mundo.

Orula foi ó mercado. Camiñou dun lado para outro e veu froitos fermosos, pero non os mercou. Veu doces, pero non os mercou. Veu moitas verduras, pero non as mercou. Veu diferentes pescados, pero non os mercou. Había moitas clases de carnes que non mercou.
Despois de moito andar e ollar, Orula mercou unha lingua de vaca. Levou á súa casa herbas, follas de loureiro e outros condimentos, e arranxou un bo prato que lle ofreceu a Obatalá.
Cando Obatalá probou a lingua de vaca dixo:
-É un prato moi saboroso.

E comeuno sen deixar frangulla.

-Moi saboroso-repetiu-; de certo que estaba feito co mellor do mundo. ¿Pódese saber, Orula, admirable cociñeiro, de que estaba feito?

Orula calou.

-Fuches ó mercado, ¿nonsí?- preguntou Obatalá-. A ver, a ver, alí hai froitas, doces, verduras, pescados, carnes... ¿Non era unha simple lingua eso que me trouxeches para comer? ¿ E isoé o mellor do mundo?

-Sabio Obatalá- respondeu Orula- práceme saber que che gustou o prato que arranxei. A túa intelixencia é abraiante, e acertaches... agora ben, ¿ non recordas que non hai cousa no mundo que se poda comparar coa lingua?. A lingua pode dar as gracias por un bo traballo, pode alaudar unha grande obra, aconsellar na desgracia e dar consolo nas mágoas. ¿ Quen dá as noticias ós homes? A lingua. ¿ Quen nos di o que temos que facer?. A lingua. A través dela un home calquera pode chegar ós mais altos postos do mundo- dixo Orula sorrindo.

-Todo o que dis é certo- respondeulle Obatalá
E pensou:<< anque é novo, ten grande intelixencia>>.

Noustante, Obatalá decidiu probar de novo a Orula.

-Arranxáchesme un prato co mellor que hai no mundo- dixo Obatalá-. Esto foiche doado. Agora dareiche unha tarefa máis dificil: que me arranxes un prato co peor que haxa no mundo. Vai e non bulas moito na busca pois no mundo hai cousas malas dabondo.

Orula foi ó mercado e de novo mercou unha lingua de vaca.
Voltou á casa coas herbas, as follas de loureiro e outros condimentos, preperou o prato e levoullo a Obatalá.

-¡Como!- dixo Obatalá-. A primeira vez que me trouxeches este prato dixéchesme que estaba feito co mellor que había no mundo, e confirmeiche que era certo. Agora vesme outra vez coa lingua de vaca e dis que se trata do peor que hai no mundo. ¿ Como explicas esto?.

Orula respondeulle:
-Sabio Obatalá, no que digo non hai nada extraño. É ben sabido que a lingua pode esnaquizar os esforzos dos homes e o bo nome dunha persoa. Cunha soa palabra pode privar ó home dos seus medios de vida. A lingua sirve para aldraxar e pode traguerlles ás xentes moitos males. Pero inda hai máis. Con ela é posible converter en escravos ós habitantes dun país. ¿ Pode haber peor cousa no mundo?.

E Obatalá respondeulle:
- Todo o que dis é certo. A primeira vez eran certas as túas palabras e tamén agora estás dicindo a verdade. Eu desconfiei da túa xuventude, pero agora respeto a túa intelixencia. Ti ocuparás o meu lugar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario