domingo, 1 de noviembre de 2009

A GALLETA QUE TODO O MUNDO QUERÍA COMER

MATERIAL: Galleta e os diferentes personaxes do conto
Érase unha vez unha neniña que lle gustaban moito as galletas. Un día ergueuse moi, moi cedo e comezou a cociñar, pasou toda a mañá traballando. E sabedes que pasou... pois saíulle unha galleta como esta (describir a galleta que se leve) despois de tanto traballar, tiña tanta, tanta fame que lle dixo:
-Galletiña ven aquí que teño tanta, tanta fame que te vou a comer.

Pero sabedes o que lle contestou a galletiña...
-Non, non , non- e pegou dous saltiños e escapou da neniña que a quería comer.
A galleta saliu rápido pola porta e colleu rapidamente o camiño, cando viu que estaba a salvo descansou un rato. De repente apareceu unha vaca que viña de traballar durante todo o día e o ver a galleta acercouse e díxolle:
-Bos días galletiña
-Bos días vaquiña-contestou a galleta
-Ah galletiña ven aquí que veño de traballar durante todo o día e teño moita moita fame e te vou a comer
Pero sabedes o que lle contestou a galletiña...
-Non, non , non- e pegou dous saltiños e escapou da vaquiña que a quería comer. Menudo día levaba a neniña a quería comer, a vaca a quería comer, todo o mundo a quería comer.
A galletiña seguiu polo seu camiño e esta vez encontrouse con...(podense por tantos personaxes como un queira, pero a galleta escapa de todos con dous saltiños todo ata...) a galletiña de tanto escapar atopouse co Pato Patareco que estaba a bañarse no río.
-Ola bos días Pato Patareco- dixo a galletiña
-Bos días-contestou o Pato Patareco
-Mira Pato Patareco teño un problema, eu quero cruzar o río pero non hai ningunha ponte e eu non me podo mollar- (Porque nenos sabedes que as galletas non se poden mollar)
-Pois si queres eu axúdote, sube o meu piquiño que verás como te axudo.
Entón a galleta fixo o que lle dixo o Pato Patareco e sabedes o que pasou ... que o Pato Patareco “ se la comió” (O monitor remata o conto comendo a galleta como si el fora o Pato Patareco)

No hay comentarios:

Publicar un comentario