domingo, 1 de noviembre de 2009

O REI O LABREGO

Poñíase o sol e o vello labrego chamado Mateo remataba o seu diario laboreo no campo. Dende a lonxanía chegoulle un canto que o eco ía esparexendo entre as serras. Revirouse e veu unha grande comitiva de homes a cabalo que saía do bosque e marchaba camiño adiante rumbo á aldea. Eran o rei e os seus cabaleiros que voltaban da caza. O rei cabalgaba diante seguido dos grandes do reino e dos seus ministros, lucindo todos eles as suas rechamantes armaduras, mentres a banda facía sonar as cornetas e cantaba cancións.

Era unha escena fermosa. Cando Mateo veu os cabaleiros cos seus escintilantes escudos e armas, non puido arredar os ollos deles. Grande foi logo o seu aglaio ó ver que rei fixo un sinal coa man para que a caravana se detivese, e botouse a andar polo campo adiante, seguido de tres dos seus conselleiros. Cegaron á beira do labrego, quen apretou o cinto, sacudiu o po da chaqueta e, coa pucha na man agardou, reverente,ó monarca.

O rei dirixiuse ó labrego e díxolle:
-Bo home, non te erguiches cedo dabondo para facer todo o teu traballo.
Mateo apuxo:
- Si, erguinme cedo, pero...
- ¿Canto tempo estivo florecido ese horto nevado sobor da cima cuberta da salvia de montaña?
- Vai para corenta anos, señor- contestou o labrego.
O rei, movendo a cabeza con aprobación, preguntoulle tamén:
-¿ Canto tempo estiveron deitando os manantíos dende abaixo da montaña?
-Levan máis de quince anos, señor, cichando e cichando.
-Ata agora ben- dixo o rei-. Dime: Cando tres gansos parvos cheguen do Leste ¿serás quen de rapalos?
-Ouh, moi ben, meu señor- respostou de seguida o vello.

Cando oiu estas palabras, o rei regaloulle a Mateo un cinto dourado e despediuse del cunha aperta. Logo uniuse ó resto da caravana xunto cos seus tres conselleiros e perdeuse axiña entre un nubeiro de po esparexido polos cabalos que gallopaban rumbo á capital.

Así que cegaron ó seu destino, o rei, os conselleiros e os cabaleiros arranxaron un gran banquete. Na derradeira, o rei pediu ós seus conselleiros, que o tiñan acompañado a ver ó labrego, que lle explicasen o signoficado das preguntas que lla fixera a aquel home e as respostas que el lle dera.

Os conselleiros cavilaron e cavilaron un bo anaco, procurando adivinar tales acertixos, mais ninguha das explicacións satisfacían ó rei. O rei deulles tres días para que atopasen as respostas, advertíndolles que se fracasaban serían sustituidos por outros conselleiros.

Noite tras noite os conselleiros seguiron cavilando e discutindo, sin poder crarexar as palabras. E ocorréulles ir ver ó labrego Mateo.

O vello Mateo recibiunos na porta da súa casupa cunha humildosa reverencia, pero negouse a acrararlles as palabras. Por máis que os conselleiros teimaron, con rogos e ameazas, nada lograron. Só cando puxeron sobor de mesa cen ducados de ouro cada un deles, decidiu o labrego, despois de gardar os cartos, revelarlles o significado de tales acertixos.

-A miña primeira conversa co rei quería dicir que me casei novo e tiven fillos, pero que morreron.

“A segunda era que hai corenta anos que teño o pelo branco.
Logo o rei preguntoume canto tempo deitaran os manantíos referíndose ás miñas bágoas de dor.
Na derradeira cos tres gansos parvos do Leste aludiu a vós, que habiades de vir para que vos explicase a conversa entre o rei e máis eu. E tal como llo prometin ó rei, os gansos foron rapados.”

No hay comentarios:

Publicar un comentario