domingo, 1 de noviembre de 2009

O VELLO QUE FOI A ESCOLA

Había unha vez un vello que tiña catro fillos. Un día decidíu compartir os seus bens entre os catro e pasar o resto da súa vida na casa deles.
De primeiras foise vivir co seu fillo maior, que nun comenzo tratouno con moito respeto. “É o meu deber darlle casa e comida o noso pai – dicía-. Debemos coidalo e vestilo”. Eso durou algún tempo, pero logo deu en tratalo mal.
O pobre do vello perdeu o lugar que se lle dera na casa nun comenzo. Andivo coa roupa sen remendar e ninguén se ocupou de lle dar comida.
Ata que se foi da casa, para convivir co seu segundo fillo, que tamén o trataba mal. Cada vez que o vello ía comer, o fillo e a nora poñían cara de ferreiro e rosmaban cousas de pouco respeto. A nora comentaba: “¡ vivíamos mal denantes de que el cegase, e agora temos que apandar con esta nova canga! “
Tan incomodo se achaba o vello, que un día liscou para a casa do terceiro fillo. Pero alí ocorreulle outro tanto. E na derradeira foi vivir co máis novo. Outro fracaso. Ese fillo non era mellor que os demais. O home non sabía que facer. Cada un dos fillos quería que os outros mantivesen ò pai e releaban moito sobre este lerio apoñendo cada quen as súas razóns. Un, que tiña un montón de fillos; outro, que a súa muller era mala de aturar; este que a casa era moi cativa; aquel, que gañaba moi pouco...
-vaite para onde queiras- dixéronlle os catro-, sempre que non sexa vivir conozco.
O vello chorou diante dos seus fillos e non soubo a onde acudir. Pero non insistíu, e deixou que eles fixesen o que lles petase.
Os catro fillos reuníronse entón para decidir que facer. E acabáronse poniendo de acordo. Argallaron que o pai fose vivir a unha escola.
-Alì atoparás un banco para sentarte e poderás comer algo- dixeronlle.
Pero o vello non queria ir à escola e botouse achorar outra vez.
-Estoume quedando cego- dìxolles-. Apenas podo ver a luz que me arrodea. ¿ Como podería ver as letriñas dos libros? Amais deseo, nunca deprendín a ler. ¿ Como vou deprender agora? ¿ Como se lle vai ensinar a ler a u vello que esta a piques de morrer?
Pero de pouco lle valeron os rogos. Os fillos decidiran que iría á escola e alí o mandaron.
Cando pasou polo bosque camiño da aldea onde estaba a escola, o vello atopouse cun nobre que viaxaba no seu carruaxe, e arredouse con respeto para deixalo pasar. Pero o nobre detivo o cabalo, saíu do coche e preguntoulle ò vello para onde ía.
-Vou á escola.
-¿ À escola, meu vello? A xulgar pola túa idade, deberías máis ben estar descansando na túa casa.
Entón o vello contoulle as súas desgracias e contratempos, mentres as bagoas lle escorregaban polas fazulas. Cando o nobre escoitou a historia, sentíu moita magoa. Cavilou un chisco, e logo dixo:
- Ben o certo é que a escola non é o mellor lugar para ti. Non chores máis, acouga; eu che axudarei.
Sacou logo un bulso de seda do seu peto; un deses bulsos que solo leva a xente moi rica. Encheuno de algo, atouno e puso nun feituco estuchiño de madeira que tiña no coche.
-Leva esto à casa - dixolle- e còntalles os teus fillos aquello e aquello outro- ou sexa, o nobre explicoulle o vello o que tiña que dicir-. O vello agradeceu moito o concello e voltou por onde viñera. Cando os fillos lle viron a caixiña debaixo do brazo, deron en cavilar, porque cando un leva unha caixa así quer dicir que algo hai dentro dela. Os fillos e as noras non protestaron esta vez. Sairon o seu encontro para ver que tesouro atopará no bosque. Algúns ata lle dixeron: “ Ven, pai, descansa; debes de estar canso”. E tamén: “Come, pai, debes de ter fame”.
O vello contoulles o que acontecera, da maneira que dixo o nobre que o fixese. Foi asì:
-Hai moito, moito tempo, cando era xove e podía traballar, puiden xuntar algúns cartos. Pensei en gardalos para máis adiante, pero un nunca sabe o que pode ocorrer. De xeito que fun ò bosque e fixen un burato debaixo dun carballo onde acochei o meu pequeño tesouro. Despois non preocupei máis dese diñeiro, dado que tiña uns fillos tan bos. Pero cando me mandasteis á escola pasei pola beira do carballo onde gardara os meus aforros e entón díxenme: “ Imos ver se esas moedas de prata agardaron todo este tempo polo seu dono”. Así que me puxen a cavar, dei con elas e tróuxenas a casa. Gardareinas ata que morra. Pero despois da miña morte aquel que me queira máis, o que me trate con máis agarimo, levará a maior parte do que hai nesta caixa. De modo que agardo que me recibades de volta, fillos meus. ¿Cal de vos sera bo con voso pai... por diñeiro?
Entón os catros irmáns trataron de aparecer moi bondadosos co vello. un dixo: “ ¡ Ven morar conozco!” O outro exclamou: “ Non,¡ conozco!” O outro: “ Na miña casa!” E o derradeiro: “¡ Non señores, na miña!” De xeito, pois, que todos o vestiron e o mantiveron e mostráronse serviciais e cariñentos.
Asì foi ata que o vello morreu.
Entòn os fillos dispuxéronse a abrir a caixa, releando sobre cal deles tiña sido máis bo e merecía por tanto a maior parte do seu contido. Ò non poñerense de acordo chamaron algùns vecinos para que xulgasen. Por fin chegouse a conclusión de que os catro se comportaran con igual bondade dende que o vello voltou do bosque, e por elo debía compartillarse a herdanza en catro partes iguais.
Os fillos enterraron ó seu pai con moita cerimonia e ofreceron un gran banquete a todos os que tiñan estado no funeral. Houbo esmolas, responsos, donacións. E cando todo acabou buliron a abrir o estuche, no que se atopaba o bulso de seda que trengueleou cando o sacaron. Abrírono e baldeiraron o seu contido sobor da mesa . O que viron, non podian crelo os seus ollos. ¡ Eran soamente anaquiños de vidro!
Cando os irmáns se decataron de que o tesouro non valía un ichavo encabuxaronse moito. E os vecinos botaronse a rir con fortes gargalladas.
- ¡ Velaí o que gañaste por terdes mandado o voso indefenso e vello pai á escola!- dixeron-. Ben que tardou en deprender. Pero cando ó fin deprendeu algo, ¡ deprendeuno moi ben!

No hay comentarios:

Publicar un comentario